Núñez Singala, Manuel Carlos

Camiños na auga / Manuel Núñez Singala - 1ª ed., 4ª imp. - Vigo :Galaxia ,2017 - 289 p. ;21cm - Literaria (Galaxia) ;343 .

¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da diferenza contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo, Szymo, cuxa identidade contradí as súas características físicas. Dese xeito, a literatura acaba por ser reforzo nada banal dunha das cuestións centrais da posmodernidade, a da produción de subxectividade como estratexia de reformulación da sociedade civil. De aí a pertinencia narrativa de situar esa reformulación nun contexto poscolonial, contexto no que claramente se está a resolver un conflito identitario semellante ao do suxeito posmoderno mais no nivel da organización política, é dicir, no nivel das nacións como discurso da diferenza.

1º-2º BAC 3º-4º ESO

9788498656848


Viajes
Viaxes
Liberdade
Libertad

821.134.4-31"19"

Coa tecnoloxía Koha